Wolfgang Seidel
''Wolfgang Seidel'' nado o 4 de xullo de 1926 en Dresden e finado o 1 de marzo de 1987 en Múnic foi un piloto de Alemaña. Participou no Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 2 de agosto de 1953. Non anotou puntos de campionato.Seidel a miúdo corría en autos co seu propio nome, ou baixo a bandeira Scuderia Colonia. Logo de non lograr cualificar no Gran Premio de Alemaña de 1962 debido a súa lentitude, Seidel entrou nunha discusión cos comisarios do Automobilclub von Deutschland. Combinado con algunhas dúbidas sobre o nivel de preparación dos seus coches, retirouselle a licenza de competencia, e puxo os seus dous coches á venda. Malia non ter licenza, Seidel competiu na carreira fóra de campionato do Gran Premio de México de 1962 uns meses máis tarde.
Morreu en 1987 dun ataque do corazón. Provided by Wikipedia