Shah Jahan

Shahab-ud-din Muhammad Khurram, nado en Lahore o 5 de xaneiro de 1592 e finado en Agra o 22 de xaneiro de 1666, foi un emperador mogol, máis coñecido como Shah Jahan (en persa: شاه جهان; "Rei do Mundo"), fillo do emperador Jahangir e da súa esposa Bibi Bilqis Makani (Jodh Bai), princesa rajput de Marwar (Jodhpur); a súa avoa paterna era tamén unha princesa hindú rajput de Amber (Jaipur), polo que o setenta e cinco por ciento dos seus antepasados eran príncipes hindús. Gobernou entre 1627 e 1658, cando o seu fillo Aurangzeb o confinou no forte de Agra.

O Imperio Mogol alcanzou o seu acme durante o reinado de Shah Jahan e está considerado o último dos grandes emperadores mogois.

Durante gran parte do seu reinado, ata 1648, a súa capital foi Agra e despois mudouse a Delhi, cando se reconstruíu o Shahjahanabad, o Forte Vermello, outra das súas grandes obras. É lembrado especialmente por ser quen mandou labrar o célebre trono do Pavón e levantou o Taj Mahal, ademais da Mesquita dos Venres de Delhi, os xardíns de Shalimar en Lahore, a mesquita que leva o seu nome en Sind e a tumba da súa filla favorita Jahanara Begum, xoias senlleiras da civilización komol. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 96 for search 'Shah Jahan', tempo de consulta: 0.06s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20