O ICO: o financiamento con fondos públicos en tempos de crise

Nun contexto socioeconómico como o actual onde a crise económica, a inestabilidade financeira e a desconfianza política dominan os mercados financeiros, estes reduciron ao mínimo o seu fluxo de crédito cara ao sistema produtivo. Este feito levou a que a necesidade de crédito privada crecese de forma...

Full description

Bibliographic Details
Main Authors: Manuel Octavio del Campo Villares, Francisco Jesús Ferreiro Seoane
Format: Article
Language:English
Published: Universidade de Santiago de Compostela 2012-10-01
Series:Revista Galega de Economía
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/431
Description
Summary:Nun contexto socioeconómico como o actual onde a crise económica, a inestabilidade financeira e a desconfianza política dominan os mercados financeiros, estes reduciron ao mínimo o seu fluxo de crédito cara ao sistema produtivo. Este feito levou a que a necesidade de crédito privada crecese de forma exponencial non só para atender o investimento, senón tamén para garantir o normal funcionamento do ciclo de explotación. En consecuencia, o recurso ao financiamento público convértese nunha urxencia sen a cal o acceso ao crédito por parte das empresas se vería practicamente anulado. Dentro do marco que regula o financiamento público en España, o Instituto de Crédito Oficial (ICO) desempeña un papel transcendente –no ano 2011 financiou máis dun 40% do financiamento público total e dun 65% no caso da Administración Central–. Non é posible entender o investimento produtivo á marxe da acción deste Institu-to debido á súa oferta de fondos en condicións preferentes. Porén, malia o beneficio que supón acudir ao financiamento do ICO, este non chega ao beneficiario último –a empresa– coa rapidez e a eficiencia desexadas. Por iso, debemos analizar e revisar permanentemente a forma en que este Instituto comercializa e xestiona a súa actividade de mediación financeira.
ISSN:1132-2799
2255-5951