EFECTOS DO CAPITAL PSICOLÓXICO NOS RESULTADOS INDIVIDUAIS: UN ESTUDO NO COLECTIVO DOS ENXEÑEIROS

Este traballo analiza o efecto do capital psicolóxico dos enxeñeiros en tres resultados individuais de gran relevancia para as organizacións: a satisfacción no posto de traballo, o compromiso afectivo coa organización e o rendemento no posto. Tomando como base os datos obtidos de 100 enxeñeiros de t...

Full description

Bibliographic Details
Main Authors: Edelmira NEIRA FONTELA, Romina GARCÍA CHAS
Format: Article
Language:English
Published: Universidade de Santiago de Compostela 2015-11-01
Series:Revista Galega de Economía
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/2927
Description
Summary:Este traballo analiza o efecto do capital psicolóxico dos enxeñeiros en tres resultados individuais de gran relevancia para as organizacións: a satisfacción no posto de traballo, o compromiso afectivo coa organización e o rendemento no posto. Tomando como base os datos obtidos de 100 enxeñeiros de telecomunicacións, o traballo suscita un sistema de ecuacións estruturais, para cuxa análise, utilízase o programa informático EQS 6.1. Os resultados indican que o capital psicolóxico dos enxeñeiros de telecomunicacións exerce un efecto positivo sobre os tres resultados individuais considerados no estudo. Os resultados obtidos presentan importantes implicacións para os directivos tanto no ámbito da selección como no da formación e desenvolvemento dos recursos humanos. En primeiro lugar, os directivos deben tratar de procurar individuos con elevado capital psicolóxico nos procesos de selección. Por outra banda, dado que o capital psicolóxico non é un trazo de personalidade, e polo tanto, pode ser desenvolvido, a organización debería implantar actividades formativas para o desenvolvemento do mesmo.
ISSN:1132-2799
2255-5951