Os resultados da implantación da norma EN 9100 no sector aeroespacial español

A serie de normas EN 9100 constitúe unha adaptación das normas ISO 9000 ás especificidades do sector aeroespacial, para asegurar que todos os produtos relativos a este sector son seguros e competitivos. Os obxectivos deste traballo son, por un lado, analizar os resultados derivados da adhesión á nor...

Full description

Bibliographic Details
Main Authors: Camilo Prado Román, Carlos del Castillo Peces, Carmelo Mercado Idoeta, Federico Soto González
Format: Article
Language:English
Published: Universidade de Santiago de Compostela 2013-06-01
Series:Revista Galega de Economía
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/1273
Description
Summary:A serie de normas EN 9100 constitúe unha adaptación das normas ISO 9000 ás especificidades do sector aeroespacial, para asegurar que todos os produtos relativos a este sector son seguros e competitivos. Os obxectivos deste traballo son, por un lado, analizar os resultados derivados da adhesión á normativa EN 9100 por parte das empresas do sector aeroespacial español e, por outro, verificar se eses resultados están influenciados polo tamaño desas empresas. Para iso envióuselles un cuestionario aos directores de calidade das 355 empresas que configuran este sector. Das respostas recollidas nos 115 cuestionarios recibidos, conclúese que a implantación da normativa EN 9100 ten unha influencia positiva na maioría das empresas participantes para a obtención de beneficios tanto de índole “interna” coma “externa”, sendo estes últimos os que presentan unha maior intensidade. Así mesmo, verifícase que o tamaño das empresas non provoca diferenzas significativas polo que se refire a esa influencia positiva, aínda que no tocante ás empresas “pequenas” os beneficios de tipo interno parecen obterse con maior dificultade.
ISSN:1132-2799
2255-5951