Summary: | Neste cuarto número de Linguamática, queremos salientar a incorporación dunha nova sección á revista, dedicada á presentación de proxectos de investigación en curso. Agardamos que esta nova posibilidade constitúa un estímulo á colaboración e á difusión do moito traballo de fondo que se está a facer nas nosas universidades e centros de investigación.
Desta vez contamos cun artigo convidado a cargo de Maria das Graças Volpe Nunes, da Universidade de São Paulo, coordinadora do Núcleo Interinstitucional de Lingüística Computacional (NILC). O NILC, fundado en 1993, é nestes momentos o grupo de investigación en Procesamento de Linguaxe Natural da lingua portuguesa brasileira máis importante do Brasil. Na súa importante contribución a Linguamática, a profesora Nunes fai un exame polo miúdo das actividades e liñas desenvolvidas polo seu grupo nestes 17 anos de labor constante e produtivo.
Queremos agradecer máis unha vez a todas as persoas que enviaron traballos de investigación orixinais para este número de Linguamática, publicados finalmente ou non, e aos membros do Comité Científico que participaron no seu comentario e avaliación. Sen a vosa colaboración e apoio, non existiría a revista.
|