Summary: | A crise financeira, económica e máis tarde de débeda soberana afectou de modo es-pecial á Unión Económica e Monetaria (UEM). Para salvagardar o euro e facerlle fronte á crise os Estados membros pertencentes á UEM seguiron un dobre enfoque: primeiro, levar a cabo un proceso de consolidación fiscal, isto é, de austeridade; e segundo, mellorar a gobernanza eco-nómica da UE. Con respecto á austeridade, os países realizaron fortes axustes reducindo gasto público e en moitos casos aumentando impostos. Esta política tivo un efecto positivo sobre a disciplina orzamentaria, e un efecto moi negativo sobre o crecemento e o emprego, que pode traducirse nunha nova recesión no ano 2012. En relación coa gobernanza económica, repásase a que existía antes da crise, poñendo de manifesto os fallos na súa implementación. Posterior-mente, examínase o novo marco de gobernanza económica, que supón a supervisión europea en tres ámbitos: o orzamentario, o macroeconómico e o financeiro. Para levala a cabo estable-céronse novos instrumentos, algúns dos cales só afectan aos países da zona euro. Este traba-llo mostra as carencias dalgúns deles. A nova gobernanza económica supón un avance impor-tante, pero non resolve os problemas de fondo da UE e máis especificamente da zona euro. En efecto, non se avanza na unión fiscal, non se crea un mecanismo de rescate con dotación sufi-ciente para facerlles fronte aos problemas que poidan presentar países como Italia e España, non se avanza en converter o Banco Central Europeo en prestamista en última instancia, e tampouco non se creou un instrumento que permita a mutualización da débeda pública dos paí-ses da zona euro. A solución para a zona euro consistiría na cesión de soberanía por parte dos Estados membros a un ministerio de finanzas que, entre outras funcións, fose responsable do ámbito fiscal, da supervisión macroeconómica e orzamentaria dos distintos países e da emisión de eurobonos.
|