Parámetros acústicos dos sons fricativos da lingua galega
Existen diversos traballos descritivos dos sons fricativos da lingua galega, pero hai poucos e parciais que examinen as propiedades acústicas que caracterizan eses sons. No presente estudo exploráronse os parámetros acústicos dos sons que realizan os fonemas f T s s° S en cinco zonas de Galicia[1]...
Format: | Article |
---|---|
Language: | Catalan |
Published: |
Universitat de Barcelona
2014-05-01
|
Series: | Estudios de Fonética Experimental |
Subjects: | |
Online Access: | http://revistes.ub.edu/index.php/experimentalphonetics/article/view/44165 |
Summary: | Existen diversos traballos descritivos dos sons fricativos da lingua galega, pero hai poucos e parciais que examinen as propiedades acústicas que caracterizan eses sons. No presente estudo exploráronse os parámetros acústicos dos sons que realizan os fonemas f T s s° S en cinco zonas de Galicia[1] nas que se gravaron cinco mulleres e cinco homes que pronunciaron palabras habituais da lingua. A investigación deseñouse a partir dos fonemas do nivel estándar da lingua f T s s° S e levouse a cabo en cinco zonas de Galicia nas que hai falas con oposición s T ou s° T, e falas con ausencia de T. As análises centráronse na forma do espectro onde se mediron frecuencia, intensidade e amplo de banda dos picos. Tamén se considerou obxecto de análise a frecuencia de comezo do ruído, a duración da fricativa e a intensidade relativa vogal-consoante. As emisións dos falantes correspondentes a f T s s° S foron clasificadas en grupos; así [f] [T] [S] recollen toda a variedade espectral perceptivamente identificada coas consoantes fricativas labiodental, dental non sibilante e sibilante postalveolar respectivamente. Os casos de s s°, cun volume moito maior no presente estudo debido ás zonas de seseo e ás marxes silábicas nas que aparecen, puidéronse clasificar nos conxuntos [s1] [s2] [s3][2] establecendo como criterio básico de agrupación a relevancia do pico espectral de maior intensidade. O contacto con vogal labializada revelouse decisivo en cambios de configuración da forma espectral, sobre todo nas sibilantes. As diferenzas na forma do espectro inducen a pensar en cambios na articulación do son fricativo, que se poderían dar tanto na zona de aproximación dos articuladores coma na parte da lingua que intervén.
[1] Este traballo é un extracto da tese de doutoramento da autora.
[2] Etiquetamos entre claudátors os grupos de sons [s1] [s2] [s3] para indicar que constitúen conxuntos de realizacións fonéticas.
|
---|---|
ISSN: | 1575-5533 2385-3573 |