A "Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030": unha ordenación territorial para a raia húmida galegoportuguesa?
Entre 2017 e 2019 elaborouse a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo. Trátase dun documento realizado a través de mecanismos participativos para o territorio abranguido polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, na raia húmida galegoportuguesa. Debátese aquí esta iniciat...
Main Author: | |
---|---|
Format: | Article |
Language: | English |
Published: |
Universidade de Santiago de Compostela
2022-09-01
|
Series: | Revista Galega de Economía |
Subjects: | |
Online Access: | https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/8291 |
Summary: | Entre 2017 e 2019 elaborouse a Estratexia do Río Miño Transfronteirizo. Trátase dun documento realizado a través de mecanismos participativos para o territorio abranguido polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, na raia húmida galegoportuguesa. Debátese aquí esta iniciativa en relación cos presupostos teórico-conceptuais xerais da ordenación territorial e, máis en concreto, da que se tenta implantar en contextos fronteirizos cunha óptica deliberadamente transfronteiriza. A metodoloxía é a da investigación-acción participante. Os resultados estrutúranse mediante tres períodos estabelecidos a efectos analíticos e discursivos, cada un dos cales culminou en cadansúa versión do plan de acción estratéxico. Valóranse os cambios producidos entre as tres versións sucesivas. Agás no relativo ao sector turístico, a dimensión económica foi perdendo peso. En paralelo, acadaron maior relevancia os aspectos de gobernanza. Asemade, detéctase unha tensión constante entre dous ámbitos territoriais presentes no seo do AECT.
|
---|---|
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |