Dixitalización do Mapa de capacidade produtiva dos solos de Galicia
Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir...
Main Authors: | , , , |
---|---|
Format: | Article |
Language: | English |
Published: |
Universidade de Santiago de Compostela
2016-05-01
|
Series: | Recursos Rurais |
Subjects: | |
Online Access: | https://revistas.usc.es/index.php/rr/article/view/3321 |
Summary: | Neste traballo descríbese o proceso de preparación e posta a disposición do público da versión dixital do Mapa de Capacidade Produtiva dos Solos de Galicia, publicado orixinalmente en papel no ano 1984 baixo a dirección de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres. No momento de cumprir trinta anos desde a súa publicación, este mapa constitúe aínda o único traballo de avaliación da capacidade produtiva da terra con cobertura completa do territorio de Galicia. Con todo, as limitacións
derivadas do formato en papel dificultaban considerablemente o seu uso. Confiamos en que a versión
dixital que presentamos permita solventar parte destes problemas e ampliar o seu coñecemento e utilización entre a comunidade científica e técnica. Ao longo do texto trátase de situar en contexto a importancia do mapa orixinal e as razóns que motivaron a súa dixitalización, explicar o proceso seguido para a preparación da versión dixital, proporcionar información básica necesaria para futuros
usuarios non familiarizados coa fonte orixinal, e finalmente presentar algúns datos resumo derivados do produto obtido. |
---|---|
ISSN: | 1885-5547 2255-5994 |