Observatorio dos videoxogos galegos: proposta pedagóxica sobre xogos dixitais e ludificación educativa

Na comunicación presentaranse parte dos resultados dunha tese doutoral iniciada no curso académico 2013/2014 dentro do Programa de Doutoramento en Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Céntrase na investigación didáctica de videoxogos desenvolvidos integramente en Galicia, co ob...

Full description

Bibliographic Details
Main Author: Silvia López
Format: Article
Language:English
Published: Universidad de A Coruña 2015-12-01
Series:Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación
Subjects:
Online Access:https://revistas.udc.es/index.php/reipe/article/view/214
Description
Summary:Na comunicación presentaranse parte dos resultados dunha tese doutoral iniciada no curso académico 2013/2014 dentro do Programa de Doutoramento en Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Céntrase na investigación didáctica de videoxogos desenvolvidos integramente en Galicia, co obxectivo de compilalos e obter información concreta das súas características técnicas e pedagóxicas. Os videoxogos son potentes ferramentas educativas que levan inscritos os valores da sociedade que os xera, e que aos poucos, vanse introducindo nas aulas como medios de apoio nas actividades de ensino – aprendizaxe. Sumado a isto, non debemos esquecer que os videoxogos adquiriron a categoría de cultura en España no 2009 e que como xogos que son, teñen ademais un gran valor social. Forman parte do noso patrimonio lúdico e cultural. En Galicia creáronse os primeiros xogos dixitais fai máis de 20 anos. Bótanse en falta espazos dedicados á recuperación, estudo e divulgación dos existentes, como veñen facendo noutros países e comunidades, algún exemplo témolo no País Vasco coa creación do proxecto “Minimap” onde se recopila, dáse acceso e visibilidade á produción de videoxogos vascos. É polo tanto un dos obxectivos principais deste traballo: identificar o número e tipoloxía de videoxogos creados até o momento dende as empresas de software e editoriais galegas, co fin de realizar unha ficha pedagóxica de cada un deles na que se describa os contidos que se transmiten e as habilidades que se desenvolven, para así difundilas a través de internet. Con isto preténdese achegar ás familias e centros educativos información e asesoramento sobre estes xogos, contribuíndo á mellora da práctica docente en canto a utilización destes medios nas aulas. Ademais de recopilar e difundir o patrimonio lúdico dixital galego. Tendo en mente estas finalidades, a investigación estrutúrase nas seguintes etapas: identificación e posta en contacto coas empresas galegas, asociacións e institucións creadoras de videoxogos; elaboración dunha ficha de catalogación e descrición dos videoxogos dende un punto de vista pedagóxico; aplicación da ficha a todos os videoxogos recopilados e creación do primeiro catálogo de videoxogos elaborados en Galicia, chamado: Observatorio dos videoxogos galegos. Na comunicación describiranse os videoxogos recadados tomando de base a ficha deseñada para tal efecto, presentando á vez a proposta de catálogo ou portal educativo que conterá a descrición e análise pedagóxico dos xogos.
ISSN:2386-7418