Summary: | As materias de Practicum nos estudos de Grao de Educación Social supoñen unha introdución do alumnado ao mundo laboral, convertendo este período de prácticas nun dos momentos máis agardados polos/as estudantes na súa formación. O obxectivo principal deste traballo é coñecer a valoración do alumnado de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela sobre o proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias profesionais durante o desenvolvemento da súa estadía de prácticas, tanto en relación ao Practicum I (3º curso) como ao Practicum II (4º curso). Metodoloxicamente desenvolviuse un estudo descritivo, facendo uso dun cuestionario elaborado ad-hoc.
|