PRINCIPAIS INDICADORES ECONÓMICOS DE GALICIA: 50 ANOS DE EVOLUCIÓN DA PRODUCIÓN E DO EMPREGO, 1967-2017
Galicia é unha rexión con grandes atractivos de calidade de vida que precisa consolidar un desenvolvemento sostible para impulsar o emprego e a renda real por habitante cara aos niveis de rexións españolas e europeas máis avanzadas. A economía de Galicia experimentou importantes cambios nos 50 anos...
Main Authors: | , |
---|---|
Format: | Article |
Language: | English |
Published: |
Universidade de Santiago de Compostela
2018-09-01
|
Series: | Revista Galega de Economía |
Subjects: | |
Online Access: | https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/5432 |
Summary: | Galicia é unha rexión con grandes atractivos de calidade de vida que precisa
consolidar un desenvolvemento sostible para impulsar o emprego e a renda real por
habitante cara aos niveis de rexións españolas e europeas máis avanzadas. A economía de
Galicia experimentou importantes cambios nos 50 anos do período 1967-2017, con
aspectos positivos como a mellora da produtividade e da renda real por habitante, e
tamén con aspectos negativos ao non se conseguir unha suficiente creación de emprego
que ofreza posibilidades de traballo a moitos xoves galegos que, perante as dificuldades
deciden emigrar a outras rexións españolas ou ao estranxeiro. Isto provocou que moitas
comarcas de Galicia perderan poboación nas últimas décadas. Incluímos datos e gráficos
dalgúns dos principais indicadores económicos tanto a nivel rexional como provincial,
comarcal e municipal. Finalizamos cunha análise das perspectivas e retos, destacando o
impacto positivo da industria, do gasto en Investigación e Desenvolvemento, e doutras
variables, sobre a renda e o emprego, así como a conveniencia de retomar as iniciativas
europeas para impulsar o desenvolvemento rexional, superando a etapa de políticas de
austeridade excesiva da Unión Europea que presentaron moitos problemas. |
---|---|
ISSN: | 1132-2799 2255-5951 |