Estudo exploratorio sobre expectativas, gobernanza e rendemento nas redes de investigación de Galicia

As redes rexionais de investigación teñen un papel destacado na creación de coñecemento científico e na innovación, actividades clave na realidade económica moderna. Este artigo analiza as expectativas dos grupos de investigación e explora a incidencia da gobernanza no rendemento das redes de invest...

Full description

Bibliographic Details
Main Authors: Patricia Somorrostro López, José Cabanelas Omil, Pablo Cabanelas Lorenzo
Format: Article
Language:English
Published: Universidade de Santiago de Compostela 2015-03-01
Series:Revista Galega de Economía
Subjects:
Online Access:https://revistas.usc.gal/index.php/rge/article/view/2487
Description
Summary:As redes rexionais de investigación teñen un papel destacado na creación de coñecemento científico e na innovación, actividades clave na realidade económica moderna. Este artigo analiza as expectativas dos grupos de investigación e explora a incidencia da gobernanza no rendemento das redes de investigación mediante unha análise que inclúe datos de once redes públicas de investiga-ción, integradas por 83 grupos de investigación en Galicia. A investigación mostra que as redes satis-fán as expectativas dos grupos que nelas participan, especialmente en termos de resultados, e que existe unha serie de factores de gobernanza asociados positivamente ao rendemento. Entre as impli-cacións derivadas destes achados destacan a necesidade de impulsar lazos fortes entre os grupos de investigación na rede, a articulación de acordos de equidade e o establecemento de mecanismos de avaliación na rede. Aínda que tamén se identifican outros factores que inflúen de forma negativa no rendemento da rede, fundamentalmente a excesiva centralidade e a intermediación duns grupos de investigación sobre outros.  
ISSN:1132-2799
2255-5951